domingo, 3 de decembro de 2017

Hoy hace seis años...

 ... estaba en una sala de reanimación. Me empezaban a reaccionar las piernas. A las 16:25 habían nacido a número 1 con ventosa. A mí me cortaron. Lo supe cuando aun con la epidural sentí el hilo traspasándome. Él mamaba y las enfermeras, auxiliares o lo que fuesen querían ponerlo en la cuna de plástico, vestirlo y ni sé qué. Yo no lo sabía pero estaba en shock. Buscapina, epidural, oxitocina, litotomía, bradicardia, episiotomía, ventosa. Un pico en la sínfisis púbica, dijo la ginecóloga. Si pudiese volver atrás en el tiempo:
 
- Nunca hubiera ido tan pronto al hospital. Sabría que las contracciones prodromáticas duelen más pero no son de parto.
- No me hubiese quedado ingresada con solo 1 centímetro de dilatación. Sabría que hasta los 3-4 centímetros no se considera parto activo.
- No me hubiese puesto epidural. Sabría que supone unas limitaciones que afectan al desarrollo del trabajo de parto.
- No hubiese permitido la monitorización interna. Sabría que no está indicada si no hay datos que hagan dudar del bienestar fetal. No está indicada si funciona la interna.
- No hubiese aceptado oxitocina. Sabría que no es inocua, que tiene consecuencias como la bradicardia.
- Me hubiese negado a la episiotomía porque sabría que puedo hacerlo, que me ampara la Ley de Autonomía del Paciente. Sabría que no es imprescindible, aun utilizando una ventosa.
- No me hubiese separado de mi bebé nunca, y menos para el cribado de sordera porque le dieron un biberón y lo supe cuando lo vomitó. Porque un biberón a los dos días se puede cargar una lactancia, entre otras cosas.
 
Yo no lo sabía, no soy gine ni matrona ni pediatra ni IBCLC. Pero, ¿por qué no lo sabían las personas que nos atendieron? Porque todo lo que nos hicieron complicó un parto bajo riesgo y resultó en bradicardia e infección de episiotomía, pero podía haber sido mucho peor. Y yo me busco mis culpas y pongo remedio para nacimientos siguientes. Ellos se quedan con mi "pico" en la sínfisis púbica (se conoce que desapareció en los partos sucesivos de bebés más grandes...) y se olvidan de litotomía, epidural u oxitocina. Y así siguen, repitiendo intervenciones sin sentido. Y aun tenemos que leer al presidente de la SEGO cuestionar el parto en casa. Que admitan ya que no es inocuo parir en sus hospitales. Solo elegimos qué riesgos queremos correr, como adultas y responsables que somos. ¿Para cuándo un estudio riguroso sobre las complicaciones potencialmente mortales de intervenciones con cuestionable justificación científica? Que no, que mejor hablamos de picos de sínfisis o de partos en casa que van mal, que en los hospitales nunca muere nadie, nunca nadie sale herida...
 
 
 
Hoxe hai seis anos...
... estaba nunha sala de reanimación. Empezábanme a reaccionar as pernas. Ás 16:25 naceran a número 1 con ventosa. A min cortáronme. Sóubeno cando aínda con epidural sentín o fío a traspasarme. El mamaba e as enfermeiras, auxiliares ou o que fosen querían poñelo no berce de plástico, vestilo e nin sei que. Eu non o sabía pero estaba en shock. Buscapina, epidural, oxitocina, litotomía, bradicardia, episiotomía, ventosa. Un pico na sínfise púbica, dixo a xinecóloga. Se puidese volver atrás no tempo:
 
- Nunca tería ido tan axiña ó hospital. Sabería que as contraccións prodrómáticas doen máis pero non son de parto.
- Non quedaría ingresada con só 1 centímetro de dilatación. Sabería que ata os 3-4 centímetros non se considera parto activo.
- Non poñería epidural. Sabería que supón unhas limitacións que afectan ó desenvolvemento do traballo de parto.
- Non permitiría a monitorización interna. Sabería que non está indicada se non hai datos que fagan dubidar do benestar fetal. Non está indicada se funciona a externa.
- Non aceptaría oxitocina. Sabería que non é inocua, que ten consecuencias como a bradicardia.
- Negaríame á episiotomía porque sabería que podo facelo, que me ampara a Lei de Autonomía do Paciente. Sabería que non é imprescindible, aínda utilizando unha ventosa.
- Non me separaría do meu bebé nunca, e menos para o cribado de xordeira porque lle deron un biberón e sóubeno cando o vomitou. Porque un biberón ós dous días pode cargarse unha lactación, entre outras cousas.
 
Eu non o sabía, non son xine nin matrona nin pediatra nin IBCLC. Pero, por que non o sabían as persoas que nos atenderon? Porque todo o que nos fixeron complicou un parto baixo risco e resultou en bradicardia e infección de episiotomía, pero podería ter sido moito peor. E eu búscome as miñas culpas e poño remedio para nacementos seguintes. Eles quedan co meu "pico" na sínfise púbica (coñécese que desapareceu nos partos sucesivos de bebés máis grandes...) e esquecen litotomía, epidural ou oxitocina. E así seguen, repetindo intervencións sen sentido. E aínda temos que ler ó presidente da SEGO cuestionar o parto na casa. Que admitan xa que non é inocuo parir nos seus hospitales. Só eliximos que riscos queremos correr, como adultas e responsables que somos. Para cando un estudo rigoroso sobre as complicacións potencialmente mortais de intervencións con cuestionable xustificación científica? Que non, que mellor falamos de picos de sínfises ou de partos na casa que van mal, que nos hospitais nunca morrre ninguén, nunca ninguén sae ferida...