venres, 20 de outubro de 2017

Penélope teje

La novela por entregas de mi blog de literatura trata el tema de la muerte y el duelo perinatal, entre otros. Os dejo aquí los enlaces ordenados desde el primero, iré añadiendo los nuevos. En el mismo enlace está la versión en gallego y en castellano. Comenta y comparte. Gracias.

A novela por entregas do meu blog de literatura trata o tema da morte e o dó perinatal, entre outros. Déixovos aquí os enlaces ordenados desde o primeiro, irei engadindo os novos. Na mesma ligazón está a versión en galego e en castelán. Comenta e comparte. Grazas.

Penélope tece 
As madeixas, de todas as cores imaxinables, non conseguían facer esquecer o frío do cuarto que tiña que ter sido da nena...
 
Penélope 2
O baleiro afogábaa. Nada queda da miña vida imaxinada. Telémaco propón trasladar os seus nobelos a ese cuarto. Xoguetes rotos. Xacen esparexidos. 

Penélope 3 
Suspendida. Interrompida en empurrón de morte aquela madrugada, amencer que debía ser de vida.

Penélope 4 
Sentaba no obradoiro polas tardes. Pasaba a vista pola caixa de recordos. Choro. Choraba baixiño para que non a escoitasen nin os seus ósos. 

Penélope 5 
Tezo sen patrón porque a vida me rompeu o molde. Tezo por tecer. Por esquecer. Por concentrarme na tarefa. Por esquecerme de min. Tezo sen respirar, todas as cores sen sentido. 

Penélope 6 
Telémaco non deixa de falar durante a cea. Conta sen parar historias do instituto. Non quere pechar a boca e que o coma o silencio.  

Dolor

Ayer fue el día del recuerdo. No necesito un día para recordar lo que no olvido, pero está bien concienciar a los que sí lo hacen. Ayer no encendí velas. Ya mi país ardía por todas partes. Olor a humo, madera muerta, ceniza en la garganta y dolor rabia impotencia miedo, un cielo que aplasta negro viento atmósfera irrespirable de paisaje apocalíptico. Y aún así el peso de tu ausencia no dejaría ni una hierba viva.

Dor
Onte foi o día do recordo. Non necesito un día para lembrar o que non esquezo, pero está ben concienciar ós que si o fan. Onte non acendín candeas. Xa o meu país ardía por todas partes. Cheiro a fume, madeira morta, cinza na gorxa e dor rabia impotencia medo, un ceo que esmaga negro vento atmosfera irrespirable de paisaxe apocalíptica. E aínda así o peso da túa ausencia non dexaría nin unha herba viva.

xoves, 12 de outubro de 2017

Minijob desde casa


¿Recordáis la empresa australiana que buscaba gente para grabaciones de voz? Esta: http://maternario.blogspot.com.es/2017/09/se-buscan.html
Resulta que completaron el proyecto, por eso no recogían nuevas inscripciones. La buena noticia es que han decidido prolongarlo, así que, si estáis registradas, os contactarán en unas 48 horas, no hace falta que volváis a enviar el formulario.
Si no te has registrado y te interesa o quieres más información, escríbeme a maternariomail@gmail.com
Pueden apuntarse varias personas de la misma casa, hombres y mujeres, siempre que cumplan los requisitos que tenéis especificados en el enlace anterior.


Appen
Recordades a empresa australiana que buscaba xente para gravacións de voz? Esta: http://maternario.blogspot.com.es/2017/09/se-buscan.html
Resulta que completaron o proxecto, por iso non recollían novas inscricións. A boa noticia é que decidiron prolongalo, así que, se estades rexistradas, contactaranvos nunhas 48 horas, non fai falta que volvades enviar o formulario.
Se non te rexistraches e te interesa ou queres máis información, escríbeme a maternariomail@gmail.com
Poden apuntarse varias persoas da mesma casa, homes e mulleres, sempre que cumpran os requisitos que tedes especificados na ligazón anterior.

martes, 10 de outubro de 2017

Lo normal...




Hace unos días tuvimos que llevar a número 2 a hacer unas radiografías. Pero no pudimos ir a un hospital "normal". Fuimos a una clínica veterinaria. La razón es simple: nuestra experiencia con sanitarios ha sido el uso de la fuerza. Unas tres personas para intentar inmovilizar a un niño que por entonces tenía 2 años. Acababa tan agotado de esa lucha, y no precisamente a nivel físico, que nada más salir de la consulta se quedaba dormido. Ojo, no nos han tratado mal (al menos en comparación con otros casos que conozco) y nos han dejado entrar a dos acompañantes sin problema. Simplemente es su forma de trabajar. Costumbre, falta de tiempo, desconocimiento... Y es que número dos es autista y entra en crisis en las consultas médicas al punto de que nos las arreglamos para vacunarlo y sacarle sangre en casa, a medio dormir. No, no es capricho suyo. Hay otras formas de trabajar. Y, sí, es muy fácil que unos cuantos adultos inmovilicemos a un niño de cuatro años mientras él se revuelve, llora y aumenta su rechazo a una nueva visita. Pero este niño de cuatro años mañana tendrá 40. ¿Cómo lo inmovilizamos entonces? Poco a poco, con paciencia y sin violencia, hemos conseguido que se deje cortar las uñas, duchar o lavar los dientes. Con paciencia conseguiremos que acepte revisiones médicas. Por eso hace unos días acudimos a una clínica veterinaria, toda la familia, y nos recibió el perro del veterinario para que se "fotografiase" con él y no se separaron ni en la mesa de rayos, número 2 siempre en brazos de su padre, y aún así tardamos media hora solo para que aceptase hacer la placa. Esto no es posible en un hospital "humano". Sí es necesario.

O normal...
Hai uns días tivemos que levar a número 2 facer unhas radiografías. Pero non puidemos ir a un hospital "normal". Fomos a unha clínica veterinaria. A razón é simple: a nosa experiencia con sanitarios foi o uso da forza. Unhas tres persoas para intentar inmobilizar a un neno que por entón tiña 2 anos. Acababa tan esgotado desa loita, e non precisamente a nivel físico, que nada máis saír da consulta quedaba durmido. Ollo, non nos trataron mal (ó menos en comparación con outros casos que coñezo) e deixáronos entrar a dous acompañantes sen problema. Simplemente é a súa forma de traballar. Costume, falta de tempo, descoñecemento... E é que número dous é autista e entra en crise nas consultas médicas ó punto de que nos apañamos para vacinalo e sacarlle sangue na casa, a medio durmir. Non, non é capricho seu. Hai outras formas de traballar. E, si, é moi doado que uns cantos adultos inmobilicemos a un neno de catro anos mentres el se remexe, chora e aumenta o seu rexeitamento a unha nova visita. Pero este neno de catro anos mañá terá 40. Como o inmobilizamos entón? Pouco a pouco, con paciencia e sen violencia, conseguimos que deixe cortar as unllas, duchar ou lavar os dentes. Con paciencia conseguiremos que acepte revisións médicas. Por iso hai uns días acudimos a unha clínica veterinaria, toda a familia, e recibiunos o can do veterinario para que se "fotografase" con el e non se separaron nin na mesa de raios, número 2 sempre no colo do seu pai, e aínda así tardamos media hora só para que aceptase facer a placa. Isto non é posible nun hospital "humano". Si é necesario.