Por si no la conoces, así llegó Mai: http://maternario.blogspot.com.es/2016/03/recuerdo-mai.html
15 de outubro
No día do recordo acendemos as nosas candelas para visibilizar que os bebés morren, si, tamén aquí, no "primeiro mundo", nunha familia como a túa. Como a miña. Nunca pensei que. Non me gustan os días marcados pero non é necesario, senón imprescindible, berrar que a morte non os invisibiliza. Nin a nosoutras as súas nais. Nin ós seus pais, irmáns, familia. Que reclamamos ós profesionais sanitarios que se formen e que nos informen. E eu persoalmente dígolles que nos falen do prolapso de cordón, que nunca pasa ata que o fai, e non é asustar, senón explicar, exactamente igual que nos contan que unhas augas tinguidas son motivo de consulta hospitalaria. Reclamamos que a xente nos escoite. Que nos pregunte. Que trague os seus prexuízos sobre a nosa vivencia, que o que importa é como o elaboramos nós. Como necesitamos dixerilo. Que non nos digan que podemos ter outro. Que somos novas. Que xa temos máis. Que é un "disgusto" que se esquece. E así ata o infinito... Que nos deixen inscribilos no Libro de Familia. Os nosos bebés non son "legajo de abortos". E recordo mentres me enfronto a outro embarazo, á ecografía máis importante, a un parto despois dunha cesárea en T invertida. A número 1 preguntando se este bebé tamén vai morrer.
Por se non a coñeces, así chegou Mai: http://maternario.blogspot.com.es/2016/03/recordo-mai.html

Ningún comentario:
Publicar un comentario