martes, 29 de marzo de 2016

Carta de agradecimiento

A la atención del Servicio de Ginecología y Obstetricia y la Jefatura de Matronas
Mi nombre es M.C.B. y me pongo en contacto con ustedes para expresarles mi agradecimiento por el trato recibido el pasado 3 de marzo del 2015.  Ingresé a la una de la madrugada trasladada por el 061 debido a un prolapso de cordón y se me practicó una cesárea de urgencia que, desgraciadamente, no llegó a tiempo de salvar la vida de mi hija.
            Desconozco los nombres de todo el personal así que hago mención de la matrona M.S.D.D. y del ginecólogo que me operó, el doctor D.G.S.
            En cuestión de minutos se preparó y realizó la cirugía bajo anestesia general. La matrona antes mencionada y su compañera M. tuvieron el detalle de vigilar a mis hijos mayores (dormidos en el coche) mientras mi pareja conocía y se despedía de su hija. El doctor habló conmigo nada más me desperté de la anestesia para informarme de que estaba todo bien por dentro, que no había ningún problema, también me preguntó si amamantaba antes de ofrecerme pastillas para cortar la leche o esperar a ver cómo sucedía la subida.
            Las matronas se preocuparon de que me quedasen recuerdos de mi hija. Me dieron sus huellas de pies y manos en una cartulina, la pesaron, nos dejaron hacer fotos y la impresión de la placenta en el papel de acuarela que nosotros llevamos. Estuve todo el tiempo en REA con mi hija en brazos, piel con piel.
            A la mañana siguiente, la matrona D.D. tuvo el detalle de pasarse por mi habitación a visitarme y apoyarme.
            Aprovecho para mencionar, también, a la ginecóloga S.B.P., quien me hizo la ecografía del tercer trimestre y me trató con suma amabilidad y corrección, respondiendo todas mis preguntas y entregándome el informe de la visita.
            Me faltan las palabras para agradecer su trato a estos profesionales en unos momentos tan delicados y para los que nadie, nunca, estamos preparados. Ruego les hagan llegar nuestras felicitaciones.


Carta de agradecemento
Á atención do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia e a Xefatura de Matronas
O meu nome é M.C.B. e póñome en contacto con vostedes para expresarlles o meu agradecemento polo trato recibido o pasado 3 de marzo de 2015.  Ingresei á unha da madrugada trasladada polo 061 debido a un prolapso de cordón e practicouseme unha cesárea de urxencia que, desgraciadamente, non chegou a tempo de salvar a vida da miña filla.
            Descoñezo os nomes de todo o persoal así que fago mención da matrona M.S.D.D. e do xinecólogo que me operou, o doutor D.G.S.
            En cuestión de minutos preparouse e realizouse a cirurxía baixo anestesia xeral. A matrona antes mencionada e a súa compañeira M. tiveron o detalle de vixiar ós meus fillos maiores (durmidos no coche) mentres a miña parella coñecía e se despedía da súa filla. O doutor falou comigo nada máis espertei da anestesia para informarme de que estaba todo ben por dentro, que non había ningún problema, tamén me preguntou se aleitaba antes de ofrecerme pastillas para cortar o leite ou esperar a ver como transcorría a subida.
            As matronas preocupáronse de que me quedasen recordos da miña filla. Déronme as súas pegadas de pés e mans nunha cartulina, pesárona, deixáronos facer fotos e a impresión da placenta no papel de acuarela que nós levamos. Estiven todo o tempo en REA coa miña filla no colo, pel con pel.
            Á mañá seguinte, a matrona D.D. tivo o detalle de pasar polo meu cuarto a visitarme e apoiarme.
            Aproveito para mencionar, tamén, á xinecóloga S.B.P., quen me fixo a ecografía do terceiro trimestre e tratoume con suma amabilidade e corrección, respondendo todas as miñas preguntas e entregándome o informe da visita.
            Fáltanme as palabras para agradecer o seu trato a estes profesionais nuns momentos tan delicados e para os que ninguén, nunca, estamos preparados. Rogo fáganlles chegar as nosas felicitacións.

luns, 28 de marzo de 2016

Campos de concentración


Campos de concentración
"Idomeni no es un campo de refugiados. Es un campo de concentración”. Eso pensé cuando vi a los niños raparse las cabezas para combatir los piojos. Y pensé en esa gente que reparte vida y muerte desde los despachos, por un puñado de euros. Esa gente no sabe lo que es el lodo llegándote al pescuezo. No sabe del frío de la noche que gotea en la tienda que te tapa y ya no aguanta ni un solo viento más. Esa gente que no sabe de hogueras improvisadas para calentar unas manos que huelen a vacío. A dolor de hijos perdidos. A asfixia de mar y bomba en los pulmones. No saben de hambre de llenar minúsculas barrigas. Esa gente, ¿hasta cuándo?, que no tienen vergüenza ni dignidad ni conciencia. Esa gente que dormía mientras pasaban los trenes hacia ninguna estación hace 70 años. Y cerraban los ojos. Y no veían alambradas ni humo blanco de la muerte asesina. Ni vida en descomposición. Porque siempre son otros, otra raza, otra cultura, otra religión, las mismas excusas. Porque siempre son ellos, su maldito dinero. Su culo a salvo, caliente y comido. Ni pizca de humanidad. Porque cerramos los ojos y la historia se repite...

Campos de concentración
"Idomeni no es un campo de refugiados. Es un campo de concentración”. Iso pensei cando vin os nenos rapar as cabezas para combater os piollos. E pensei nesa xente que reparte vida e morte desde os despachos, por un puñado de euros. Esa xente non sabe o que é o lodo chegando ata o pescozo. Non sabe do frío da noite que pinga na tenda que che tapa e xa non aguanta nin un só vento máis. Esa xente que non sabe de fogueiras improvisadas para quentar unhas mans que cheiran a baleiro. A dor de fillos perdidos. A asfixia de mar e bomba nos pulmóns. Non saben de fame de encher minúsculas barrigas. Esa xente, ata cando?, que non teñen vergoña nin dignidade nin conciencia. Esa xente que durmía mentres pasaban os trens cara a ningunha estación hai 70 anos. E pechaban os ollos. E non vían aramados nin fume branco da morte asasina. Nin vida en descomposición. Porque sempre son outros, outra raza, outra cultura, outra relixión, as mesmas escusas. Porque sempre son eles, os seus malditos cartos. O seu cu a salvo, quente e comido. Nin chisco de humanidade. Porque pechamos os ollos e a historia repítese...

http://lamarinaplaza.com/…/ivan-prado-pallasos-en-rebeldia…/

martes, 22 de marzo de 2016

Plan de parto


ATENCIÓN Ó PARTO E COIDADOS DO NEONATO

En virtude do dereito que me outorga a Lei Básica Reguladora da Autonomía do Paciente e Dereitos e Deberes en Materia de Información e Documentación Clínica, no presente documento deixo constancia por escrito das miñas preferencias durante o parto e o nacemento do meu fillo. Solicito que se inclúa na miña historia clínica.
                Todas as miñas decisións baséanse na evidencia científica recollida na Estratexia de Atención ó Parto Normal do Ministerio de Sanidade do ano 2007, Recomendacións da Organización Mundial da Saúde para a Atención ó Parto, Coidados desde o Nacemento do Ministerio de Sanidade do ano 2010, Carta Europea do Neno Hospitalizado, así como no Plan de Parto e Nacemento elaborado polo Sergas no ano 2013.
            Evidentemente, as miñas preferencias aquí expresadas están suxeitas a modificación en función do transcorrer do parto. En calquera caso, de ser medicamente necesaria algunha intervención, requirirase do meu consentimento informado, xa sexa verbal ou escrito, tal e como establece a Lei de Autonomía antes mencionada. Se non me atopase en disposición de decidir outorgo ó meu acompañante, informado das miñas preferencias, poder de decisión.
Quero:
1- Estar acompañada en todo momento pola persoa da miña elección
2- Que o persoal que me asista, o mínimo, se presente e identifique
3- Que a porta da estancia permaneza pechada
4- Libre acceso a bebida e comida. Se non dispoñen deste servizo podo levala eu mesma
5- Libre deambulación
6- Monitorización intermitente
7- Acceso a bañeira, pelota de Pilates, cadeira de partos ou calquera outro recurso que favoreza a progresión do parto e o alivio das molestias de que dispoñan no seu hospital ou que poida levar eu
8- Coller o meu fill@ en canto naza
9- Cortar eu o cordón umbilical unha vez este deixe de latexar (pinzamento tardío)
10- Que ninguén máis que eu ou a persoa por min autorizada toque o meu fill@
11- Expulsivo espontáneo da placenta
12- A miña placenta. No caso de que non se me entregue, levarei o material necesario para que o meu acompañante realice a súa impresión sobre papel en canto o persoal a revise
13- Alta voluntaria transcorrido o tempo en Reanimación
Rexeito:
1- Antibioterapia. Son SGB descoñecido
2- Manobra de Hamilton
3- Enema
4- Rasurado
5- Vía
6- Litotomía e/ou calquera restrición de movementos
7- Monitorización continua
8- Monitorización interna
9- Amniorrexis
10- Tactos
11- Oxitocina sintética
12- Epidural ou calquera outra medicación sedante ou analxésica
13- Manobra de Kristeller
14- Puxos dirixidos
15- Episiotomía
16- Sutura de esgazaduras de graos I e II (loxicamente, valorarei no momento atendendo á recomendación médica)
17- Expulsión dirixida da placenta. Se ben está indicada considero que a lactación materna establecida de forma inmediata tras o parto exerce o mesmo efecto contráctil sobre o útero que a oxitocina sintética. Asumo a responsibilidade da miña decisión e eximo ós facultativ@s, polo tanto, de calquera complicación dela derivada

En caso de necesitar unha cesárea
Quero:
1- Que o persoal sanitario se presente e que este sexa o mínimo posible
2- Anestesia raquídea ou, no seu defecto, epidural, se por algún motivo xa a tivese posta
3- Que todos os dispositivos de control se me poñan nun só brazo para facilitarme soster o meu fill@
4- Que se me explique o que vai acontecendo
5- Que se baixe o pano de campo para que poida ver o nacemento
6- Que o meu fill@ se me poña no colo de forma inmediata para iniciar o pel con pel, se a lonxitude do cordón umbilical o permite, xa que quero que se extraia a placenta antes de pinzalo. Se este fose demasiado curto, póñanmo ó peito unha vez extraída a placenta.
7- O cordón umbilical córtoo eu
8- Caso de non poder realizar pel con pel comigo farao co meu acompañante
9- Que ninguén máis que eu ou a persoa por min autorizada toque o meu fill@
10- A miña placenta. Ó igual que no parto vaxinal, se non se me pode entregar, portarei o material necesario para que o meu acompañante realice a súa impresión en papel unha vez revisada polo persoal
11- Prefiro sutura a grampas (é preferencia persoal, a decisión final déixoa en mans do xinecólog@)
Rexeito:
1- Anestesia xeral
2- Que se me aten os brazos
3- Calquera desinfectante iodado
4- Ligadura de trompas

Respecto ós coidados do neonato, caso de necesitar UCIN estarei con el, eu ou a persoa que autorice, as 24 horas. E, baseándome na guía de Coidados desde o Nacemento, tanto se se trata dun parto como dunha cesárea, quero:
1- Establecer pel con pel e lactación materna de inmediato
2- Que ninguén máis que eu ou a persoa por min autorizada o toque
3- Pinzamento tardío do cordón umbilical, nunca antes de que este deixe de latexar (en caso de cesárea ver os puntos 6 e 7 do apartado correspondente)
4- Vitamina K intramuscular cando estea mamando, non antes das 2 horas de nacido. Transcorrido ese tempo quero pesalo e medilo
5- Alta voluntaria ó saír de Reanimación (excepto en caso de cesárea)
6- Proba do talón (en caso de que permanecesemos ingresad@s)
Rexeito:
1- Calquera separación
2- Aspiracións
3- Sondaxes
4- Limpezas ou baños
5- Profilaxis ocular
6- Vacina da hepatite B
7- Desinfectantes iodados
8- Administración de leite artificial ou soros glucosados
9- Biberóns e chupetes
10- Ingreso por SGB descoñecido, seguindo, neste caso, o documento de consenso para a prevención da infección perinatal por estreptococo do grupo B (Recomendacións españolas revisadas no ano 2012), excepto que se dea algún factor de risco (parto pretérmino, rotura prolongada de membranas ou febre intraparto)
11- Cribado de xordeira

E para que así conste, a todos os efectos, firmo o presente documento:

luns, 21 de marzo de 2016

Plan de parto


             ATENCIÓN AL PARTO Y CUIDADOS DEL RECIÉN NACIDO

En virtud del derecho que me otorga la Ley Básica Reguladora de la Autonomía del Paciente y Derechos y Deberes en Materia de Información y Documentación Clínica, en el presente documento dejo constancia por escrito de mis preferencias durante el parto y el nacimiento de mi hijo. Solicito se incluya en mi historia clínica.
                Todas mis decisiones se basan en la evidencia científica recogida en la Estrategia de Atención al Parto Normal del Ministerio de Sanidad del año 2007, Recomendaciones de la Organización Mundial de la Salud para la Atención al Parto, Cuidados desde el Nacimiento del Ministerio de Sanidad del año 2010, Carta Europea del Niño Hospitalizado, así como en el Plan de Parto e Nacemento elaborado por el Sergas en el año 2013.
            Evidentemente, mis preferencias aquí expresadas están sujetas a modificación en función del transcurso del parto. En cualquier caso, de ser médicamente necesaria alguna intervención, se requerirá de mi consentimiento informado, ya sea verbal o escrito, tal y como establece la Ley de Autonomía antes mencionada. Si no me encontrase en disposición de decidir otorgo a mi acompañante, informado de mis preferencias, poder de decisión.
Quiero:
1- Estar acompañada en todo momento por la persona de mi elección
2- Que el personal que me asista, el mínimo, se presente e identifique
3- Que la puerta de la estancia permanezca cerrada
4- Libre acceso a bebida y comida. Si no disponen de este servicio puedo llevarla yo misma
5- Libre deambulación
6- Monitorización intermitente
7- Acceso a bañera, pelota de Pilates, silla de partos o cualquier otro recurso que favorezca la progresión del parto y el alivio de las molestias del que dispongan en su hospital o que pueda llevar yo
8- Coger a mi hij@ en cuanto nazca
9- Cortar yo el cordón umbilical una vez este ha dejado de latir (pinzamiento tardío)
10- Que nadie más que yo o la persona por mí autorizada toque a mi hij@
11- Alumbramiento espontáneo
12- Mi placenta. En caso de que no se me entregue, llevaré el material necesario para que mi acompañante realice su impresión sobre papel en cuanto el personal la revise
13- Alta voluntaria transcurrido el tiempo en Reanimación
Rechazo:
1- Antibioterapia. Soy SGB desconocido
2- Maniobra de Hamilton
3- Enema
4- Rasurado
5- Vía
6- Litotomía y/o cualquier restricción de movimientos
7- Monitorización continua
8- Monitorización interna
9- Amniorrexis
10- Tactos
11- Oxitocina sintética
12- Epidural o cualquier otra medicación sedante o analgésica
13- Maniobra de Kristeller
14- Pujos dirigidos
15- Episiotomía
16- Sutura de desgarros de grados I y II (lógicamente, valoraré en el momento atendiendo a la recomendación médica)
17- Alumbramiento dirigido. Si bien se indica considero que la lactancia materna establecida de forma inmediata tras el parto ejerce el mismo efecto contráctil sobre el útero que la oxitocina sintética. Asumo la responsibilidad de mi decisión y eximo a los facultativos, por tanto, de cualquier complicación de ella derivada

En caso de necesitar una cesárea
Quiero:
1- Que el personal sanitario se presente y que este sea el mínimo posible
2- Anestesia raquídea o, en su defecto, epidural, si por algún motivo ya la tuviese puesta
3- Que el gotero y demás dispositivos de control se me pongan en un solo brazo para facilitarme el sostener a mi hij@
4- Que se me explique lo que va sucediendo
5- Que se baje el paño de campo para que pueda ver el nacimiento
6- Que mi hij@ se me ponga en brazos de forma inmediata para iniciar el piel con piel, si la longitud del cordón umbilical lo permite, ya que quiero que se extraiga la placenta antes de pinzarlo. Si este fuese demasiado corto, pónganmelo al pecho una vez extraída la placenta.
7- El cordón umbilical lo corto yo
8- Caso de no poder realizar piel con piel conmigo lo hará con mi acompañante
9- Que nadie más que yo o la persona por mí autorizada toque a mi hij@
10- Mi placenta. Al igual que en el parto vaginal, si no se me puede entregar, portaré el material necesario para que mi acompañante realice su impresión en papel una vez revisada por el personal
11- Prefiero sutura a grapas (es preferencia personal, la decisión final la dejo en manos del ginecólog@)
Rechazo:
1- Anestesia general
2- Que se me aten los brazos
3- Cualquier desinfectante yodado
4- Ligadura de trompas

Respecto a los cuidados del recién nacido, caso de necesitar UCIN estaré con él, yo o la persona que autorice, las 24 horas. Y, basándome en la guía de Cuidados desde el Nacimiento, tanto si se trata de un parto como de una cesárea, quiero:
1- Establecer piel con piel y lactancia materna de inmediato
2- Que nadie más que yo o la persona por mí autorizada lo toque
3- Pinzamiento tardío del cordón umbilical, nunca antes de que este deje de latir (en caso de cesárea ver los puntos 6 y 7 del apartado correspondiente)
4- Vitamina K intramuscular cuando esté mamando, no antes de las 2 horas de nacido. Transcurrido ese tiempo quiero pesarlo y medirlo
5- Alta voluntaria al salir de Reanimación (excepto en caso de cesárea)
6- Prueba del talón (en caso de que permaneciésemos ingresados)
Rechazo:
1- Cualquier separación
2- Aspiraciones
3- Sondajes
4- Limpiezas o baños
5- Profilaxis ocular
6- Vacuna de la hepatitis B
7- Desinfectantes yodados
8- Administración de leche artificial o sueros glucosados
9- Biberones y chupetes
10- Ingreso por SGB desconocido, siguiendo, en este caso, el documento de consenso para la prevención de la infección perinatal por estreptococo del grupo B (Recomendaciones españolas revisadas en el año 2012), excepto que se dé algún factor de riesgo (parto pretérmino, rotura prolongada de membranas o fiebre intraparto)
11- Cribado de sordera

Y para que así conste, a todos los efectos, firmo el presente documento: