domingo, 7 de febreiro de 2016

Vacunas

Roma. Raña. Oso. Rove. Jade. Son gatos muertos. Tenía unos 20 gatos en casa, casa de acogida, soy de una prote. Un piso en una ciudad con su agua corriente, su limpieza, su inodoro y todas las comodidades higiénicas, térmicas y alimenticias del primer mundo. Roma vivió en mi casa varios meses. Un día comenzó a vomitar y era panleucopenia, una maldita enfermedad vírica que cursa con fiebre, vómitos y diarrea sangrienta, que baja las defensas a su mínima expresión. Superó las primeras 48 críticas horas. Suero intravenoso, antibióticos y no sé cuánta medicación cada pocas horas. Y esperanza porque pasaban y seguía viva. Y dinero. La mañana del quinto día, la dulce, joven y juguetona Roma falleció con toda la vida por delante. En mis brazos agonizó camino de la clínica, ni llegó a aliviarle el sufrimiento el eutanásico. A los tres días, la pequeña Raña dejó de respirarme sobre la mesa de la clínica veterinaria. El eutanásico tampoco llegó a tiempo de aliviar estertores. Oso, un peludo blanco y negro, apareció muerto en su transportín. Y Rove, un bebé precioso. Y Jade, un altivo siamés que ya tenía adoptantes a la vista. Roma. Raña. Oso. Rove. Jade. No os olvido. Son gatos no vacunados. Porque el dinero no nos llega a las protectoras y, en ese momento, priorizamos. Y priorizamos mal. Los gatos vacunados no enfermaron. De los no vacunados solo una, Rousi (por cierto, está en adopción) no se afectó. Hubo otras dos gatas contagiadas, una, Clementina, se recuperó y la otra, Gueira, quedó con secuelas neurológicas permanentes. Llevo desde el 93 recogiendo y vacunando animales de la calle. Solo he visto una reacción posvacunal a los 21 días de la inoculación, descrita y consistente en fiebre y cojeras que remitieron en cuestión de días. Casualmente fue mi propia gata y sus tres hermanos. Uno de ellos, Elfo, falleció meses después a causa de un calicivirus virulento para el que aún no existe vacuna. Lo que sí he visto es la muerte de cachorros por parvovirus, otra infecciosa. Cachorros de criadores irresponsables y de cazadores. Cachorros sin vacunar. Cachorros que mueren como moscas. Preguntad en cualquier protectora. Y cuando recuerdo sus cuerpos inocentes y exhaustos yacer entre mis dedos... Me ahogo. Porque en esas mis manos estuvo poder evitarlo. Porque la diferencia entre su vida y su muerte son los 2-3 euros que cuesta una vacuna. Nada más.

Vacinas
Roma. Raña. Oso. Rove. Jade. Son gatos mortos. Tiña uns 20 gatos na casa, casa de acollida, son dunha prote. Un piso nunha cidade coa súa auga corrente, a súa limpeza, o seu inodoro e todas as comodidades hixiénicas, térmicas e alimenticias do primeiro mundo. Roma viviu na miña casa varios meses. Un día comezou a vomitar e era panleucopenia, unha maldita enfermidade vírica que cursa con febre, vómitos e diarrea sanguenta, que baixa as defensas á súa mínima expresión. Superou as primeiras 48 críticas horas. Soro intraveoso, antibióticos e non sei canta medicación cada poucas horas. E esperanza porque pasaban e seguía viva. E diñeiro. A mañá do quinto día, a doce, nova e xoguetona Roma faleceu con toda a vida por diante. No meu colo agonizou camiño da clínica, nin chegou a aliviarlle o sufrimento o eutanásico. Ós tres días, a pequena Raña deixou de respirarme sobre a mesa da clínica veterinaria. O eutanásico tampouco chegou a tempo de aliviar estertores. Oso, un peludo branco e negro, apareceu morto no seu transportín. E Rove, un bebé precioso. E Jade, un altivo siamés que xa tiña adoptantes á vista. Roma. Raña. Oso. Rove. Jade. Non vos esquezo. Son gatos non vacinados. Porque o diñeiro non nos chega as protectoras e, nese momento, priorizamos. E priorizamos mal. Os gatos vacinados non enfermaron. Dos non vacinados só unha, Rousi (por certo, está en adopción) non se afectou. Houbo outras dúas gatas contaxiadas, unha, Clementina, recuperouse e a outra, Gueira, quedou con secuelas neurolóxicas permanentes. Levo desde o 93 recollendo e vacinando animais da rúa. Só vin unha reacción posvacinal ós 21 días da inoculación, descrita e consistente en febre e coxeiras que remitiron en cuestión de días. Casualmente foi a miña propia gata e os seus tres irmáns. Un deles, Elfo, faleceu meses despois a causa dun calicivirus virulento para o que aínda non existe vacina. O que si mirei é a morte de cachorros por parvovirus, outra infecciosa. Cachorros de criadores irresponsables e de cazadores. Cachorros sen vacinar. Cachorros que morren como moscas. Preguntade en calquera protectora. E cando recordo os seus corpos inocentes e exhaustos xacer entre os meus dedos... Afogo. Porque nesas miñas mans estivo poder evitalo. Porque a diferencia entre a súa vida e a súa morte son os 2-3 euros que custa unha vacina. Nada máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario