sábado, 6 de febreiro de 2016

Gordas


Estaba yo de 6 meses de mi primer puerperio. Una reunión con un grupo de personas, la mitad desconocidas. Mis 5 kg de sobrepeso posparto aprox, mis tetas una o dos tallas de más cargadas de la leche que el cachorrillo consumía a cada poco. Allí, sentada en una silla, buscando postura cómoda, desabrochando suje, un lado, el otro, presentando carnes en sociedad. Una mujer de mi edad me miraba, observaba de arriba a abajo. Me examinaba. Me sentí mal. Nunca he tenido problemas por amamantar en público pero sí me incomodaba esa mirada. No me sentía con cuerpo presentable, no era la imagen de mí misma que quería dar. Suspendí el examen. Recordé ese día porque ahora, embarazada, se espera mi presencia en una boda. Y llevo kg de más en mis kg de más y todo me aprieta y tengo que buscar ropa en que me entre la tripa y me permita sacar las tetas. Que no comprima el vientre ni la vejiga, que me deje sentar sin asfixiarme. Y tengo las piernas gordas y los brazos feos, redondas las caderas y los pechos. Me peso y no me encuentro. No coincido con la imagen de mí misma que me tengo. Tengo que tirar mi ropa bonita. Y temo esas miradas justicieras que se clavan y señalan con el dedo. Pero, ¿quién me ha enseñado que soy gorda? ¿Quién dice que la teta fuera molesta si da leche? ¿Por qué bajo la cabeza ante miradas como dedos? Quizás, esa mujer escondida tras sus ojos solo deseaba sentir un hijo prendido al pecho. Quizás admiraba el poder de mi cuerpo. Pero yo no lo veo. No me han enseñado a sentirme divina.
 


Estaba eu de 6 meses do meu primeiro puerperio. Unha reunión cun grupo de persoas, a metade descoñecidas. Os meus 5 kg de sobrepeso posparto aprox, as miñas tetas unha ou dúas tallas de máis cargadas do leite que o cachorriño consumía a cada pouco. Alí, sentada nunha cadeira, buscando postura cómoda, desabrochando suxe, un lado, o outro, presentando carnes en sociedade. Unha muller da miña idade mirábame, observaba de arriba a abaixo. Examinábame. Sentinme mal. Nunca tiven problemas por aleitar en público pero si me incomodaba esa mirada. Non me sentía con corpo presentable, non era a imaxe de min mesma que quería dar. Suspendín o exame. Recordei ese día porque agora, embarazada, se espera a miña presenza nunha voda. E levo kg de máis nos meus kg de máis e todo me aperta e teño que buscar roupa en que me entre a tripa e me permita sacar as tetas. Que non comprima o ventre nin a vexiga, que me deixe sentar sen asfixiarme. E teño as pernas gordas e os brazos feos, redondas as cadeiras e os peitos. Pésome e non me atopo. Non coincido coa imaxe de min mesma que me teño. Teño que tirar a miña roupa bonita. E temo esas miradas xusticeiras que se cravan e sinalan co dedo. Pero, quen me ensinou que son gorda? Quen di que a teta fóra molesta se dá leite? Por que baixo a cabeza ante miradas como dedos? Quizais, esa muller escondida tras os seus ollos só desexaba sentir un fillo prendido ó peito. Quizais admiraba o poder do meu corpo. Pero eu non o vexo. Non me aprenderon a sentirme divina.


Ningún comentario:

Publicar un comentario