luns, 8 de febreiro de 2016

Carta a la feminista que quise

Me mostraste que era fuerte y libre. Que tenía un cuerpo, propio. Que podía escoger dar vida o no. Astronauta, presidenta, futbolista, mecánica o conductora del Vitrasa. Ser como quisiera. Decir "no". Decir "sí". Luchaste, dejando la vida incluso en la batalla, dormida la niña pequeña que eras y que habías parido esperando en casa. Imaginaste, con lágrimas de emoción en los ojos, que la úterotopía era posible. Y que era de todas. Para todas. Gracias. Me enseñaste a decidir. Pero olvidaste decirme que solo podía decidir como tú. Tú, la del 89% de episiotomías, pariste con dolor y con miedo. Y no quisiste eso para mí. Peleaste por la bendita epidural en cada paritorio. ¿Por qué duele un proceso fisiológico? No estaba en la agenda. Este cuerpo materno no está en la agenda. Y cambiamos el cuerpo antes que el sistema. Yo busco episiotomías, leche, loquios en unas letras que no llegan. Anestesia, eso soñaste para ti y exigiste para mí. Y hoy, yo, la del 25% de cesáreas, descubro lo que no sabías: la epidural es también intervenciones, litotomía, oxitocina, sufrimiento fetal y cesárea de urgencia. La epidural enlentece el proceso. "Mami, no sabes empujar". El 70% de las primíparas inducidas acaban en cesárea. La cesárea triplica el riesgo de muerte materna. Yo, la del 40% de episiotomías, ¿a qué precio? Esta cultura me ovariohisterectomiza. Tú, la que me enseñaste a luchar niegas hoy la violencia obstétrica y me desprecias con gesto patriarcal. Y duele. Y para este dolor no hay anestesia. Me invisibilizas. Difícil reconocer que la liberada porta cicatriz patriarcal en el mismo origen de mi carne. La marca, el apellido. Tú, la que descubriste que el instinto maternal era mito, ahora me escupes "naturalista". Mi cuerpo materno es acción política. Y soy talibana, esclava, antifeminista, sección femenina e involución. Yo, bien enseñada, por ti, lucharé para que ellas, tus nietas, no sean la generación del útero rajado. Porque tenemos anestesia epidural, de qué me quejo, vas a saber tú más que el médico, ese invento de la medicina militar, siempre en la vanguardia del feminismo ¿no? Siéntete orgullosa, me hiciste libre. Y decido. Como tú. Que no lo mismo. Eso es feminismo. Y, mientras nos arrancamos los ojos por ver quién la tiene más larga y nos rebelamos contra la madre que nos parió, el patriarcado, ese monstruo, mira, divertido, la pelea de las niñas. Estamos donde nos quieren.

Carta á feminista que quixen
Mostráchesme que era forte e libre. Que tiña un corpo, propio. Que podía escoller dar vida ou non. Astronauta, presidenta, futbolista, mecánica ou condutora do Vitrasa. Ser como quixera. Dicir "non". Dicir "si". Loitaches, deixando a vida mesmo na batalla, durmida a nena pequena que eras e que pariras a agardar na casa. Imaxinaches, con bágoas de emoción nos ollos, que a úterotopía era posible. E que era de todas. Para todas. Grazas. Ensináchesme a decidir. Pero esqueciches dicirme que só podía decidir coma ti. Ti, a do 89% de episiotomías, pariches con dor e con medo. E non quixeches iso para min. Pelexaches pola bendita epidural en cada paritorio. Por que doe un proceso fisiolóxico? Non estaba na axenda. Este corpo materno non está na axenda. E cambiamos o corpo antes que o sistema. Eu busco episiotomías, leite, loquios nunhas letras que non chegan. Anestesia, iso soñaches para ti e esixiches para min. E hoxe, eu, a do 25% de cesáreas, descubro o que non sabías: a epidural é tamén intervencións, litotomía, oxitocina, sufrimento fetal e cesárea de urxencia. A epidural enlentece o proceso. "Mami, non sabes empuxar". O 70% das primíparas inducidas acaban en cesárea. A cesárea triplica o risco de morte materna. Eu, a do 40% de episiotomías, a que prezo? Esta cultura ovariohisterectomízame. Ti, a que me ensinaches a loitar negas hoxe a violencia obstétrica e desprézasme con aceno patriarcal. E doe. E para esta dor non hai anestesia. Invisibilízasme. Difícil recoñecer que a liberada porta cicatriz patriarcal na mesma orixe da miña carne. A marca, o apelido. Ti, a que descubriches que o instinto maternal era mito, agora cóspesme "naturalista". O meu corpo materno é acción política. E son talibana, escrava, antifeminista, sección feminina e involución. Eu, ben ensinada, por ti, loitarei para que elas, as túas netas, non sexan a xeración do útero fendido. Porque temos anestesia epidural, de que me queixo, vas saber ti máis que o médico, ese invento da medicina militar, sempre na vangarda do feminismo non? Síntete orgullosa, fixéchesme libre. E decido. Coma ti. Que non o mesmo. Iso é feminismo. E, mentres arrincamos os ollos por ver quen a ten máis longa e nos rebelamos contra a nai que nos pariu, o patriarcado, ese monstro, mira, divertido, a loita das meninas. Estamos onde nos queren.

Ningún comentario:

Publicar un comentario